martes, 28 de octubre de 2014

Acibeche, emblema do Xacobeo

O acibeche é unha xema, moi utilizada en xoiaría. Trátase de madeira fosilizada, a altas presións e altas temperaturas, aparece en zonas de costa e o mellor acibeche do mundo aparece en Whitby, norte de Inglaterra, e Villaviciosa, Asturias.


 









En Galicia, máis concreto en Santiago, hai unha grande tradición no traballo de orfebrería, de prata e acibeche, de aí ven o nome da famosa praza de praterías. Un dos nosos  provedores de prata con acibeche é Fink Orfebres, empresa galega adicada á fabricación e comercialización de xoiaría en prata con acibeche que remonta a súa orixe aos mestres orfebres de gran tradición en Santiago de Compostela. Nos seus talleres un grupo de deseñadores e mestres ourives elaboran con detalle as pezas das diferentes coleccións das que dispoñen.



Orgullosos da nosa tradición e da nosa xoiaría, podedes encontrar estas coleccións, na nosa tenda, dende pezas tradicionais, como o torques  e os colgantes sapo ata pezas vangardistas, brazaletes de aro ou chamadores de anxos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario