viernes, 5 de diciembre de 2014

Pulseira de Trenza

Hoxe querovos falar dun traballo dos que reconfortan. Por un lado, porque é para unha persoa moi querida nesta casa e por outro porque se trata dun deses choios dos que te sentes orgulloso ao rematalo.

O choio en cuestión é facer unha pulseira dende cero e non unha pulseira calquera, unha trenza.

Primeiro fundimos o ouro ata deixalo nunha pepita. Estiramolo pouco a pouco ata acadar fío do grosor que queremos.


 






No paso seguinte, cortámo-lo fío e facemos anillas totalmente redondas, que pasamos a darlle forma alongada. Despois imos unindo as anillas unha a unha e tensámola no banco de estirar. Paso moi importante para que non quede folgura entre mallas, xa que produciría un desgaste maior.



 


Aí tedes o resultado final, unha bonita trenza feita en ouro a modo de pulseira.