lunes, 3 de noviembre de 2014

A resistencia e o deseño

Casio G-Shock, é o reloxo máis resistente do mundo?

Alá polo ano 1983 o enxeñeiro de Casio, Kikuo Ibe, canso de destrozar reloxos propúxose realizar un reloxo que resistira aos golpes e vibracións. Traballou ata acadar o concepto de triple 10. Un reloxo que lle durase a pila 10 anos, resistente á auga a 10 bares e que aguantase unha caída dende 10 metros en calquera superficie.


Máis de 30 anos despois, estes conceptos perfeccionaronse e axustáronse a deseños totalmente rompedores, hoxe o G-Shock é un reloxo utilizado por
todo tipo de deportistas extremos, exércitos etc...




As características actuais do G-Shock son que levan a máquina en suspensión con respecto da caixa, polo que a pila segue durando 10 anos, son impermeables a 20 bares e soportan caídas, vibracións e forzas G. Xunto cos novos avances tecnolóxicos, combinanse co móbil por bluetooth, hainos con gps, altímetro, barómetro...



No hay comentarios:

Publicar un comentario